Alquiler Autocaravanas Galicia
Autocaravanas Trotamundos
  • Inicio
  • Información
  • Desinfectamos con ozono
  • Autocaravana 5 plazas
  • Autocaravana 6 plazas
  • Autocaravana 7 plazas
  • Camper 4 plazas
  • Tarifas
  • Noticias
  • Contacto
  • Preguntas Frecuentes
  • Tarjetas Regalo
  • Alquiler de bicicletas
  • Aviso legal
  • Blog
  • Cookies
  • Vendidas
    • Autocaravana 6 plazas
    • Autocaravana 5 plazas
    • Autocaravana 6 plazas Sun Living

Quenes eran os antigos pobladores de Galicia?

junio 19, 2022 at 2:22 , No hay comentarios
Grazas ao recollido polos historiadores, entre eles os historiadores romanos, e ao atopado en castros e outros restos da civilización celta, podemos achegarnos á forma de vida dos homes do roble. 
Poucos pobos da antigüidade occidental estiveron tan vinculados co medio natural como os celtas. Detrás dunha imaxe de xente sanguinaria e cruel, que erróneamente transmitiron os cronistas gregos e romanos, ademais de valentes [email protected], nos seus corazóns e mentes, latía unha profunda sensibilidade no coidado da natureza, no respecto aos maiores, no trato igualitario entre homes e mulleres... 

Durante moitos séculos, o corazón de europa foi celta. A medida que se foron expandindo, os cultos ao sol, a lúa e as estrelas, o respeto á muller como encarnación da nai Gea, o coñecemento dos elementos e plantas, non tardarían en establecerse como formas de vida. 

As árbores, e os montes, eran para os celtas, algo máis que madeira e paisaxe. Proporcionábanlles protección, abrigo, a leña que alimentaba as súas fogueiras e os froitos necesarios para alimentarse. Considerábanos símbolos de vida, e en torno a eles,  desenrolaron a súa cultura, celebracións e o seu calendario do ano. Por isto, os celtas foron dendolatras, é dicir, adoradores das árbores. Creían nun paraíso despois da morte. E un adianto dese paraíso era o bosque sagrado, no corazon do cal se alzaba o mediolanum, o centro do mundo, o castro sagrado e as especies arbóreas ás que rendían culto e das que tamén se servían para levar a cabo as curacións: o roble, a aciñeira, o teixo, o fresno e o acevo... 
A árbore da vida celta, era o símbolo sagrado máis importante dentro desa cultura e representaba aos seus deuses e a enerxía da natureza. Simbólicamente a árbore establece a comunicación entre as profundidades da terra(os celtas entendían que as súas raíces chegaban ao mundo dos mortos), a súa superficie(polo tronco), e o ceo(polas ramas, follas e copa). Por medio das súas raíces captaba a enerxía da terra, e a través das follas da copa, recibía luz e calor do sol. 

Na cultura celta, moitos dos seus símbolos tiñan tres elementos. Isto non era casual, xa que eles entendían que o universo estaba formado por tres mundos dos cales a árbore da vida celta formaba parte.

Unha das árbores máis importantes na cultura celta era o carballo. Esta árbore, para os celtas, simbolizaba as virtudes de forza e sabiduría. Polo seu tronco, as súas amplias ramas, e a gran cantidade de follas, tamén era un símbolo da hospitalidade. Se leches o libro ¨O Señor dos Aneis¨de Tolkien, lembraraste de Barbol, o Ent que dirixía a súa comunidade de árbores. Pois Barbol era un carballo!. 

O druida (o home do carballo), era a máximo responsable da vida de todos os membros dun clan. Coñecía como ninguén os segredos da ciencia natural,os ciclos do cosmos e os misterios do home. Tiñan a responsabilidade de curar todos os males, dende unha enfermidade ata feridas producidas nun combate, predecir eclipses, profetizar desastres, ou decidir pola guerra ou a paz nun momento determinado. Celebraban as súas asambleas dende troncos sagrados dende onde administraban xustiza e tomaban as decisións importantes. 

O monte tamén eran as aulas nas que os druidas ensinaban e o escenario no que os celtas celebraban os seus ritos, cerimonias e festas. Entre as máis coñecidas estaban: 

>>O Samhain: 31 de outubro, última noite do ano druídico. Festividade para honrar aos mortos. >>Beltayne: 1 de maio. Agradecemento aos deuses familiares por protexer os lumes do fogar. >>Ymbolc: 1 de febreiro. Festividade do recollemento invernal en espera da primavera.
>>Lugnasad: 1 de agosto. Celebración da colleita e agradecemento á terra pola súa xenerosidade. >>Ostara: 21 de marzo. Celebra a chegada da primavera.
>>Litha: 23 de xuño. Celebra a abundancia e a beleza da terra.
>>Yule: 23 de decembro. Celebra o nacemento do Deus Sol.
>>Mabon: 23 de setembro. Celebra o fin do verán. 

Entre as plantas medicinais e aromáticas que empregaban os celtas, estaban :
  1. O nenúfar blanco (que usaban para facer tinte e como planta aromática), o berro (da que se empregaba o seu jugo para os enfermos do peito, tamén se empregaba esta planta para fortalecer as encías débiles , contra certas debilidades estomacais, para facer desaparecer as manchas vermellas da cara,..)
  2. O cilantro (co que curaban dolencias estomacais e eliminaban lombrices), o isopo (cuyas follas cocidas en caldeiros, daban a beber á muller parturienta para aumentar a cantidade de leite; en forma de cataplasma os druidas facían desaparecer as obstruccións mamarias, e en infusíón facilitaban a secrecion de orina e a limpeza dos riles), 
  3. A manzanilla (que os celtas relacionaban co sol pola forma da súa flor. OS druidas coñecían moi ben as propiedades desta planta que empregaban para os estómagos débiles), a mejorana, a menta(un dos mellores remedios contra as dores de estómago), o perexil (para calmar el dolor de la vejiga urinaria), a ruda (para curar feridas da pel), a salvia(que poñía en bo funcionamento todo o sistema nervioso e activaba a circulación do sangue), 
  4. O muérdago(símbolo do principio feminino, os druidas pensaban que tomado como bebida, daba fecundidade aos animais estériles e era remedio contra todos os venenos...O poeta virgilio, interesado pola cultura celta, describiu e falou desta planta. Era o símbolo da rexeneración física. Só os druidas eran os encargados de recoller esta planta e facíano cortandoa da rama da árbore, coa axuda dunha hoz de ouro, o sexto día da sexta lua, despois do solsticio de inverno. Era tamén a planta que se relacionaba cos mensaxeiros dos deuses).
  5.  Outra árbore que consideraban sagrada era o teixo, cuxas propiedades venenosas coñecían ben os druidas. Sabían que o viño fermentado en barriles de teixo, ocasionaba a morte dos que o bebían. E Estragón, o galeno de pérgamo, recolle nos que os celtas usaban o jugo das follas desta árbore para untar as flechas na súa punta. O emperador Claudio recolleu tamén as propiedades medicinais que os celtas atribuían ao teixo, entre as cales estaba o seu uso como antídoto contra as mordeduras das serpes. 

    Con estas e outras herbas, e coa axuda do trisquel (un talismán que levaban colgado ao colo), os druidas curaban os males de toda a tribu. 

    Nese aspecto, e vendo as vagas de lume que se producen cada ano en galiza, un decátase de que as sociedades non sempre evolucionan co paso dos séculos.

    É a historia do noso pasado. O home actual cando menos, debería imitar a cultura dos nosos antepasados no que se refire a valoración e coidado da natureza.

No hay comentarios

Responder







Entradas recientes

  • Quenes eran os antigos pobladores de Galicia?
    19 jun, 2022
  • Visita a "Ribeira Sacra" con Autocaravanas Trotamundos
    18 jun, 2022
  • Alquiler de autocaravanas en Galicia
    23 mar, 2019
  • Enlaces de interés
    17 ene, 2017